#celebrandoaSJA: Mondoñedo-Ferrol

Ordenaciones diaconales en la fiesta sacerdotal de San Juan de Ávila

Conmemoraremos ó noso santo padroeiro San Xoán de Ávila dun xeito distinto a como o viñamos facendo, isto é, adiántase a data da súa celebración ó venres, 9 de maio, por ser o día propio, sábado, moi atarefado para algúns sacerdotes.

Celebrarase tamén, ademais da homenaxe ós sacerdotes de vodas de diamante, ouro e prata, a Ordenación de Diáconos dos seminaristas Juan Pablo Alonso Rolle, da parroquia de San Bartolomeu de Cariño, e Óscar Fernández Expósito, da parroquia de Santiago de Duarría.

O horario da xornada será o seguinte:

10:30h.-  Celebración eucarística na S.I.C.B. de Mondoñedo coa Ordenación de Diáconos.

12:00h.-  Descanso /café.

12:30h.-  Conferencia do Prof. D. José San José Prisco, decano da Facultade de Dereito Canónico da UPSA.

14:00h.-  Xantar no Seminario (avisar no tlf. 982 521 000)

Estes son ós nosos irmáns que serán homenaxeados ese día:

VODAS DE DIAMANTE (60 anos de ministerio)

D. Ricardo Díaz Seijas (xubilado) e D. Luís Fachal Fraguela (párroco de San Martiño de Cerdido).

VODAS DE OURO (50 anos de ministerio)

D. Manuel Cabana Fernández (párroco de San Xoán de Sistallo, Santa María de Cospeito, Santa María de Feira do Monte, San Xiao de Santa Cristina e Santa María de Vilapene), D. José Gallego Vila (párroco de San Lourenzo de Árbol, Santa María de Carballido, San Xurxo de Goá, Santiago de Moncelos, San Cosme de Nete, San Mamede de Oleiros e San Xurxo e Santa Olalla de Rioaveso), D. Julio Ladra López (párroco de Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros), D. Ramón Pérez Díaz (profesor xubilado) e D. Domingo Reija González (xubilado).

VODAS DE PRATA (25 anos de ministerio)

D. Baltasar Requeijo Pico.