#celebrandoaSJA: Lugo
- Detalles
- Viernes, 09 Mayo 2014 11:48
- Admin
Celebración de San Xoán de Ávila no Seminario de Lugo
Foi o 9 de maio no Seminario, co seguinte programa:
- Ás 11.30 houbo un relatorio sobre a pastoral da evanxelización tendo en conta a Evangelii Gaudium a cargo de José Cobo Cano, párroco en Aluche.
- Ás 13h a Eucaristía
- Comida compartida
Son homenaxeados os curas que celebran as sús vodas de ouro sacerdotais:
"Deus chámanos a todos á vida para que a vivamos dunha forma concreta: no matrimonio, no sacerdocio, na contemplación, no servizo aos pobres e aos máis débiles. En definitiva, unha vida de entrega a Deus nos demais.
Hoxe celebramos as vodas de ouro de 12 sacerdotes da nosa Diocese, pero non só iso, con eles, e grazas ao seu humilde servizo, moitos lucenses tiveron, durante 50 anos, o alimento da Palabra de Deus e da Eucaristía que lles ofreceron as mans destes sacerdotes.
Por este motivo hoxe todos estamos de parabéns. É un día para festexar 50 anos de presenza de Deus nas nosas vidas, e para agradecer o don da fe, o don da vocación, e, en concreto, o don do sacerdocio." Miguel Ángel Álvarez Pérez, Párroco de San Froilán