San Juan de Ávila; "Doutor" da Igrexa

Desde la Parroquia de San Xoán de Ávila. Vigo

Debemos dar grazas a Deus por habernos feito o agasallo deste santo e polos recoñecementos que a Igrexa fixo del: a sua beatificación, por parte de León XIII o 6 de Abril de 1894; a declaración como Patrón principal do clero secular español por Pío XII o 2 de Xullo de 1946; a canonización, por Pablo VI o 31 de Maio de 1970; o título de “DOUTOR” da Igrexa que levará a cabo o 7 de Outubro de 2012. 

San Juan de Ávila é das figuras máis importantes, máis centrais e representativas do século XVI. As súas palabras, cheas de luz e de sabedoría, axudaron a mozas, a laicos, a sacerdotes, bispos, relixiosos e gobernantes. Tivo unha profunda influencia en personaxes da talla de San Pedro de Alcántara, San Ignacio de Loyola, San Francisco de Borja, San Juan de Ribera, Frei Luís de Granada, Santa Tereixa de Xesús, San Juan de Deus, Felipe II, etc.

San Juan de Ávila foi Mestre de “evanxelizadores”, de catequistas e guía espiritual de moitas persoas, tanto relixiosas como laicas. Foi un pioneiro en relación á pastoral da educación e da cultura de tanta importancia nos nosos días.

Escribiu moitas cartas e tratados que influíron decisivamente na historia da espiritualidade e da renovación eclesial. Seguramente temos que acudir a San Juan de Ávila para buscar tamén, nestes momentos, a renovación da Igrexa. Estivo, aínda que non participou por motivos de saúde, no Concilio de Trento.

O seu tratado de máis influencia, para algunhas personalidades converteuse en libro de cabeceira, na espiritualidade é o de “AUDI FILIA”.

Na nosa Parroquia de San Juan de Ávila celebraremos o acontecemento de declaralo “DOUTOR” da Igrexa no Aniversario da creación da Parroquia, o 17 de Novembro de 2012.

D. José Luis Rodríguez Suárez. Párroco